Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (160/1996).

En virtude do acordado pola secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, señora Veiras Suárez, en proposta de providencia do 3 de marzo de 1997, dictada en autos de separación conxugal que se seguen neste xulgado co número 160/1996, por instancia de Salomé González Conde, representada polo procurador Manuel Castro del Río contra Alfonso da Silva Miras, do que se descoñece o domicilio, e o Ministerio Fiscal, emprázase o demandado Alfonso da Silva Miras, co fin de que, no prazo de vinte días, compareza en autos en legal forma mediante avogado e procurador, e conteste a demanda, propondo, se fora o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de non lle facer outras notificación que as sinaladas pola lei.

E para que conste e sirva de emprazamento a Alfonso da Silva Miras, expido e asino o presente edicto en Ordes o 3 de marzo de 1997.

Carmen Veiras Suárez

Secretaria

2178