Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.200

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (103/1997-E).

Pablo González-Carreró Fojón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, fai saber que en resolución dictada no día de hoxe nos autos número 103/1997-E, se tivo por solicitada declaración de suspensión de pagamentos da entidade mercantil Construcciones y Obras Gallegas, Sociedad Anónima, con domicilio social na Coruña, polígono de Pocomaco, parcela D-20 a, téndose ordenado a intervención de tódalas súas operacións e designados interventores os auditores de contas José Luis Cerqueiro Rodríguez e Fernando Álvaro Santodomingo Fernández, e pola quenda de acredores, o Banco Popular, S.A., o que se comunica para xeral coñecemento e para efectos do disposto na Lei de suspensión de pagamentos.

Dado na Coruña o catro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

2203