Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/588/1997, interposto polo Consello Xeral de Colexios Médicos de Galicia ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso número 1/588/1997, interposto polo Consello Xeral de Colexios Médicos de Galicia contra o pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG número 47, do 10 de marzo de 1997).

En consecuencia, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, acorda remiti-lo citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

3340