A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitou ó Servicio Galego de Saúde os expedientes relativos ós recursos número 1/551, 553, 564 e 565/1997, interpostos, respectivamente, polos colexios oficiais de médicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra contra o pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo organismo (DOG número 47, do 10 de marzo de 1997).
En consecuencia, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, acorda remiti-los
citados expedientes administrativos, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de cinco días.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos
3099