Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 19 de marzo de 1997 pola que se convocan bolsas de colaboración para a elaboración do censo-guía de arquivos de Galicia e para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

O Decreto 307/1989 polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia, atribúelle á Consellería de Cultura a competencia de velar pola conservación, organización e difusión do patrimonio documental de Galicia, así como a responsabilidade de fomenta-la adecuada formación do persoal técnico de arquivos. Coñecendo, por outra banda, as necesidades de organización e descrición de fondos documentais de moitos arquivos galegos pola importancia que teñen para garanti-los dereitos e obrigas dos cidadáns e as actividades da propia Administración,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse 34 bolsas de colaboración para:

a) Elaboración do censo-guía de arquivos das provincias de Lugo e Ourense,

b) Organización e descrición de fondos de arquivos de interese galego, con cargo á aplicación orzamentaria 010.003.352B.481.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997. O importe total das bolsas non excederá en ningún caso do crédito asignado para o efecto.

2. As bolsas irán destinadas a: elaboración do censo-guía dos arquivos das provincias de Lugo e Ourense e a tarefas de organización e descrición de arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese galego.

Os bolseiros realizarán os seus traballos en diversos municipios de Galicia ou outros centros nos que sexan destinados, e serán coordinados e dirixidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social e por persoal técnico facultativo debidamente cualificado, designado para o efecto por aquela.

3. Os traballos terán unha duración de 6 meses, a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:

-Asistir diariamente durante un mínimo de cinco horas ós centros onde resulten destinados. O horario será o establecido polos servicios técnicos da Direc

ción Xeral de Patrimonio Cultural de acordo co centro de destino.

-A segui-las indicacións técnicas dos coordinadores.

-A entregarlles ós coordinadores, ó finaliza-la bolsa, informe técnico así como copia dos instrumentos de descrición documental resultado do seu traballo.

Ó remata-la actividade, os coordinadores dos bolseiros depositarán na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social os informes e copia dos intrumentos de descrición documental realizados por cada bolseiro. O orixinal destes instrumentos descritivos quedará depositado no mesmo lugar no que se realice o traballo.

Artigo 2º

Requisitos dos solicitantes.

1. Ser licenciados en xeografía e historia ou filosofía e letras (sección de historia), con coñecementos de arquivística ou experiencia de traballo en arquivos.

2. Non ter desfrutado con anterioridade de tres ou máis bolsas completas das convocadas por esta dirección xeral para organización e descrición de arquivos galegos.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán, así mesmo, presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentación que hai que presentar.

Os solicitantes deberán xunta-la seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI.

-Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, situacións que producen incompatibilidade co desfrute da bolsa que nesta orde se convoca.

-Fotocopia compulsada do expediente académico.

-Anexos I e II debidamente cubertos e fotocopia

dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se presente proba documental.

Artigo 3º

1. As bolsas serán adxudicadas para a elaboración do censo-guía de arquivos das provincias de Lugo e Ourense e para a organización de fondos dos arquivos de Galicia que se relacionan no anexo II.

2. Resérvanse 4 bolsas para licenciados en xeografía e historia coa especialidade de arquivística, que obtivesen a licenciatura nos anos 1994, 1995 e 1996. Os interesados nesta reserva, que será excluínte, deberán facelo constar expresamente na solicitude.

Artigo 4º

O importe de cada bolsa non excederá da cantidade de oitocentas corenta mil pesetas (840.000 ptas.) para os bolseiros do censo-guía, e seiscentas oitenta e seis mil setenta e unha pesetas (686.071 ptas.) para as destinadas a organización e descrición de arquivos de interese galego.

Artigo 5º

1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social poderán reclamarlles, se fose necesario, ós solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgándose un prazo de 10 días desde o recibo do escrito de requirimento.

2. A avaliación dos méritos alegados, que corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social, farase segundo o seguinte baremo:

-Experiencia de traballo remunerado en organización e descrición de arquivos públicos. Por cada mes traballado: 0,50 puntos ata un máximo de 6 puntos.

-Experiencia de traballo remunerado en organización e descrición de arquivos privados. Por cada mes traballado: 0,25 puntos ata un máximo de 3 puntos.

-Experiencia de traballo non remunerado en organización e descrición de arquivos públicos ou privados. Por cada mes traballado: 0,10 puntos ata un máximo de 1,20 puntos.

-Especialidade universitaria en arquivística: 2 puntos.

-Mestrado en arquivística: 2 puntos.

-Certificado de escola-obradoiro en arquivística: 2 puntos.

-Cursos de arquivística, diplomática, paleografía e historia das institucións:

* Con acreditación expresa de 100 horas ou máis de duración: 0,60 puntos ata un máximo de 2,40 puntos.

* Con acreditación expresa de 40 horas ou máis de duración: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

* Con duración inferior a 40 horas: 0,10 puntos ata un máximo de 0,80 puntos.

-Asistencia a congresos de arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,10 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Presentación de comunicacións en congresos de arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Publicacións relacionadas coa arquivística, paleografía, diplomática e historia das institucións, impresas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes:

* Por cada libro: 1 punto ata un máximo de 3 puntos.

* Por cada artigo en revista especializada: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

* Pola publicación efectiva de inventarios ou catálogos: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

O mesmo mérito só se valorará unha única vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

-Cursos de galego:

* Iniciación: 0,5 puntos.

* Iniciación e/ou perfeccionamento: 1 punto.

-Cursos de informática:

* Informática en xeral: 0,10 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

* Informática aplicada ós arquivos: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1,50 puntos.

-Para as bolsas dedicadas á organización dos arquivos municipais de Viveiro e O Valadouro esixiranse coñecementos de paleografía e diplomática.

3. A selección das bolsas dedicadas a licenciados dos anos 1994, 1995 e 1996 efectuarase conforme as cualificacións obtidas en tódolos cursos da licenciatura; resultarán seleccionados aqueles solicitantes que obteñan a puntuación máis alta.

4. As listas provisionais de bolseiros exporanse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nos das súas delegacións provinciais. O prazo de exposición será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, e durante eles poderanse face-las alegacións pertinentes.

5. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social por proposta do director xeral de Patrimonio Cultural. O acordo farase público, para efectos de notificación ós interesados, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nos das súas delegacións provinciais.

6. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación efectiva desta ós interesados.

7. Unha vez rematado o período de desfrute da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán solicita-la devolución da documentación presentada. Transcorrido o prazo dun ano, procederase á eliminación da documentación non recollida.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación.

Ós adxudicatarios das bolsas poderáselles requiri-la documentación necesaria para proceder ó pagamento da dita bolsa.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas na presente orde, a Consellería de Cultura e Comunicación Social instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e poderá mesmo anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral da recadación.

2. O persoal técnico e facultativo que en cada provincia coordine e dirixa ós bolseiros poderá propoñerlle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.

3. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social expedirá, logo do informe favorable dos coordinadores, ó remata-los traballos, certificación acreditativa da prestación de servicios.

4. As bolsas non implicarán relación funcionarial nin laboral coa Consellería de Cultura e Comunicación Social, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración.

Artigo 8º

A Consellería de Cultura e Comunicación Social poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO II

1. Os que optaran ás bolsas de elaboración do censo-guía de arquivos de Galicia ou ás bolsas de organización e descrición de arquivos de interese galego adxudicadas polo baremo xeral sinalen por orde de preferencia os destinos que poden elixir:

Bolsas para a elaboración do censo-guía de arquivos de Galicia:

Provincia de Lugo: 3 bolsas.

Provincia de Ourense: 3 bolsas.

Bolsas de colaboración en arquivos: baremo xeral:

Provincia da Coruña:

-Arquivos municipais de Cerceda e Val do Dubra: 1 bolsa.

-Arquivos municipais de Frades e Oroso: 2 bolsas.

-Arquivo municipal de Lousame: 1 bolsa.

-Arquivo municipal de Padrón: 1 bolsa.

-Arquivos municipais de San Sadurniño e Valdoviño: 2 bolsas.

-Arquivo do Instituto Xelmírez I de Santiago de Compostela: 1 bolsa.

-Arquivo da Fundación 10 de Marzo (Santiago de Compostela): 1 bolsa.

Provincia de Lugo:

-Arquivos municipais do Incio e Sarria: 2 bolsas.

-Arquivo municipal de Mondoñedo: 1 bolsa.

-Arquivo municipal da Pontenova: 1 bolsa.

-Arquivos municipais do Valadouro e Viveiro: 2 bolsas.

Provincia de Ourense:

-Arquivos municipais de Amoeiro e San Amaro: 1 bolsa.

-Arquivos municipais do Irixo e Piñor: 2 bolsas.

-Arquivo municipal de Ribadavia: 1 bolsa.

Provincia de Pontevedra:

-Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra: 1 bolsa.

-Arquivo do Balneario de Mondariz: 1 bolsa.

-Arquivo municipal do Rosal: 1 bolsa.

-Arquivo municipal de Salvaterra do Miño: 1 bolsa.

-Arquivo municipal de Tomiño: 1 bolsa.

2. Os que optaran por reserva de praza, sinalen por orde de preferencia do 1 ó 4 os destinos:

-Arquivo municipal de Lugo: 1 bolsa.

-Arquivo municipal de Pontevedra: 1 bolsa.

-Arquivo municipal de Salvaterra de Miño (Pontevedra): 1 bolsa.

-Arquivos municipais de Cerceda e Val do Dubra: 1 bolsa.

3283