Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 17 de abril de 1997, aprobou, con carácter inicial, unha modificación do estudio de detalle da unidade de actuación s/n do Burgo, que foi aprobado polo Pleno Municipal o 28 de xullo de 1992, presentada polos propietarios das parcelas edificables do seu ámbito e redactada polo arquitecto Carlos Montero López, que ten por obxecto iguala-la altura da cornixa do bloque número 2 coa do bloque 1, trasladando para iso edificabilidade dos bloques 3, 4 e 5 ó bloque 2.

Durante o prazo de un mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 24 de abril de 1997.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

2704