Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión do 18 de marzo de 1997, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudio de detalle, tramitado polo SEPES das parcelas, C-2, C-3, C-4 e C-5 do polígono industrial deste concello.

O que se fai público para xeral coñecemento, expoñéndose o expediente a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo, que se contará a partir da última publicación, poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes e poderán consulta-lo expediente nas dependencias municipais de servicios técnicos.

Bergondo, 25 de marzo de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

3341