Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público para o arrendamento de equipos informáticos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para o arrendamento de equipos informáticos.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións -Unidade de contratación-.

b) Número de expediente: C.P. INF-1/97.

2. Obxecto da contratación:

a) Descrición do obxecto: arrendamento de equipos informáticos.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración.

c) Lugar de entrega: edificio anexo de Administración, estrada San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-los pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 7.500.000 pesetas.

5. Garantías: provisional, do 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), tódolos días, agás os sábados, das 9 ás 15 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

A solvencia económica e financeira acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica deberase xustificar de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: realizarase en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións:

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición, se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 4 de abril de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

3051