Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Iniciativa Rural Gallega (Irga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Iniciativa Rural Gallega (Irga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación, tanto os traballadores por conta allea como por conta propia pertencentes a calquera réxime da Seguridade Social, que realicen algunha actividade directamente relacionada co medio rural.

Asinan a acta de constitución: José Mª Baz Sevilla e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

3050