Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de monte Pardemarín-Lamas-Olives (A Estrada-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de monte Pardemarín-Lamas-Olives (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 68/1992, do 6 de marzo (DOG nº. 53, do 17 de marzo de 1992), o seguinte:

Primero.-Con data do 20 de marzo de 1997 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de monte Pardemarín-Lamas-Olives (A Estrada-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello da Estrada e na zona durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes -sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio

dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 y 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia)

Pontevedra, 7 de abril de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

Vº e prace

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

3271