Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.079

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (479/1996).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo exe

cutivo, baixo o número 479/1996, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra María del Pilar Suárez Silva, nos cales se acordou sacar a poxa pública, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 10 de xuño, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 14.724.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 10 de xullo ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 10 de setembro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán licitacións que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomaren parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, coa excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade; deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0479/96 e presenta-lo resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse licitacións en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Bens inmobles.

1. Urbana: número 5, piso 2 B na segunda planta a vivenda, sito na casa número 13 e 15 da rúa dos Basquiños de Santiago de Compostela. Superficie de 100 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela no tomo 987, libro 29, folio 132, predio 2.350. Valorada en 13.824.000 pesetas.

2. Rocho: sinalado co número 3 no faiado da casa número 13 e 15 da rúa dos Basquiños de Santiago de Compostela, cunha superficie de 20 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela no tomo 987, libro 29, folio 133, predio 2.351. Valorado en 200.000 pesetas.

Ben moble.

1. Vehículo marca turismo Ford Fiesta 1.1, 3 p, matrícula C-5813-BG. Valorado en 700.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

3269