Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.079

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (47/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de xurisdicción voluntaria número 47/1996, por instancia de Carmen Carril Carballo, sobre declaración de falecemento de José Canosa Carballo, e nos seus autos, por resolución do día da data, acordouse dar coñecemento da existencia do presente expediente, por medio de edictos, con intervalo de quince días, de conformidade co disposto no artigo 2042 da Lei de axuizamento civil.

E para a súa inserción no BOP e que sirva de coñecemento do expediente para os fins solicitados, expídese o presenta edicto en Corcubión o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3022