Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 3.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 7 de abril de 1997 pola que se modifica a do 2 de xaneiro de 1997, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1997.

Coa finalidade de establecer medidas orientadas a favorecer na medida do posible a figura da familia numerosa, parece oportuno recoller na orde pola que se regulan tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1997 algún tipo de vantaxe neste sentido.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Engádese un apartado 5 ó artigo único da Orde do 2 de xaneiro de 1997 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1997, coa seguinte redacción:

«5. Os membros de familias que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre as tarifas recollidas no apartado B (actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude) do anexo desta orde.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

3172