Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colector xeral e EDAR en Trives. (Ourense).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 177.124.232 ptas.

-Mellora de abastecemento e saneamento en Vilar de Barrio. (Ourense).

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 66.350.000 ptas.

-Mellora das marxes dos ríos Lor e Sil nas instalacións náuticas e recreativas da área de Augasmestas-Rairos. (Quiroga-Lugo).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 41.394.000 ptas.

-EDAR de Teis. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 275.949.337 ptas.

-Elevación de auga desde o río Pulgan, ETAP e depósito para o abastecemento de auga o polígono industrial de Dozon e núcleos de Diz e Piñeiro.

Adxudicatario: (UTE) Movex Vial, S.L. e Demain, S.L.

Orzamento: 71.886.000 ptas.

-Colector xeral de Lestrove. (Dodro-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao.

Orzamento: 17.880.000 ptas.

-Ampliación da rede de auga potable no concello de Coirós. (A Coruña).

Adxudicatario: Gauxs.

Orzamento: 22.583.468 ptas.

-Colector de marxe de ría-treito tres. (Vigo-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 296.523.950 ptas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de tres estacións de aforo nos ríos das concas de Galicia-costa.

Adxudicatario: (UTE) Tranor, S.L. e Ikaur, S.L.

Orzamento: 14.218.120 ptas.

-Asistencia técnica para realización tramitación técnica expedientes de aproveitamentos de auga nas concas de Galicia costa-norte.

Adxudicatario: Control y Geología, S.A.

Orzamento: 76.986.157 ptas.

-Asistencia técnica para dirección de obras e control no norte da provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 24.424.652 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

3227