Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 1 de abril de 1997, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria privada de zona de Monte Grande de Vimianzo (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria privada da zona de Monte Grande de Vimianzo (Santiso-A Coruña).

Primeiro.-Con data 1 de abril de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración privada da zona de Monte Grande de Vimianzo (Santiso-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Santiso e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia),

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

Vº e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado Provincial da Coruña

2967