Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de abril de 1997 pola que se convocan e se aproban as bases que rexen a convocatoria de bolsas para titulados superiores no campo da investigación mariña.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 76, do 22 de abril de 1997, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-No parágrafo primeiro liña 9ª (páxina 3.741), onde di: «dirixidas por estes titulados», debe dicir: «dirixidas a estes titulados».

-Na base cuarta, parágrafo d) (páxina 3.741), onde di: «d) Non ter disfrutado de ningunha bolsa da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou outra doutro centro homologado noutra convocatoria», debe dicir: «d) Non ter desfrutado con posterioridade ó remate dos estudios da súa licenciatura de ningunha bolsa de características similares da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou outra similar doutro centro».

-Na base sexta, punto número 4 (páxina 3.742), onde di: «Certificación de ter rematado os estudios da súa carreira con posterioridade a xuño de 1993...», debe dicir: «Certificación de ter rematado os estudios da súa carreira na convocatoria de xuño de 1993 ou convocatorias posteriores...».

-Na base sexta, engadir despois do punto número 5 (páxina 3.742) o punto número 6 co seguinte texto: «6. Fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación de ter realizado o pagamento dos dereitos de expedición».

2768