Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 94/1997, do 17 de abril, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada OU-410, treito Cortegada-Pontebarxas (fase II). (Clave: N/OU/89.3.3.2.).

O 14 de abril do 1997 o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de alargamento e mellora da estrada OU-410, treito Cortegada-Pontebarxas (fase II). (Clave: N/OU/89.3.3.2.).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa especial incidencia na seguridade vial, pola continuidade das actuacións de acondicionamento no itinerario e por contar con financiamento da C.E. (INTERREG II).

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra de alargamento e mellora da estrada OU-410, treito Cortegada-Pontebarxas (fase II). (Clave: N/OU/89.3.3.2.).

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3165