Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.930

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 18 de marzo de 1997, da Dependencia Provincial de Recadación de Vigo, de notificación de providencias de constrinximento.

Polo presente edicto, xa que os debedores comprendidos na relación inserida a seguir, non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria, ou alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas autorizadas pola lexislación para facerse cargo delas, fáiselles saber que:

Notifícase á/ós debedor/es de acordo co artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) que, por non ter feito o ingreso da débeda de referencia no prazo de pagamento no período voluntario, segundo o esta

blecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da Dependencia de Recadación acorda:

«No uso das facultades conferidas polos artigos 100, 106 e 169 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20 por cento do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para proceder executivamente contra o patrimonio ou garantías do/s debedor/es, no caso de non producirse o pagamento nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó de recibo desta notificación, ou reclamación económico-administrativa ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico administrativas corresponderalle ós órganos económico administrativos da Comunidades Autónoma.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

Aprazamento.

Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión da débeda.

Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1.684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

De acordo con artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo. A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administración da A.E.A.T. do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que realiza o servicio de caixa da delegación ou administración da A.E.A.T.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, con exclusión do recargo de constrinximento, renderán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda no período

voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo con establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias, respectivamente.

Custas.

No caso de producirse custas no procedemento, a Administración cargará o seu importe no debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) As notificacións recibidas entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o día 20 do mesmo mes ou inmediato hábil posterior.

B) As notificacións recibidas entre os días 16 e último de cada mes, ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias, ata que remate o procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste para comparecer.

Vigo, 18 de marzo de 1997.

Carlos Pérez Quintanilla

Xefe da Dependencia de Recadación

Suxeito pasivoDNI/NIFConcepto/Obxecto tributarioPeríodoDébeda

Suxeito pasivoDNI/NIFConcepto/Obxecto tributarioPeríodoDébeda

Suxeito pasivoDNI/NIFConcepto/Obxecto tributarioPeríodoDébeda

Suxeito pasivoDNI/NIFConcepto/Obxecto tributarioPeríodoDébeda