Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión extraordinaria celebrada o día catro de abril de mil novecentos noventa e sete, adoptou, entre outros, o acordo de expoñer novamente ó público o expediente de plan especial de protección e reforma interior do núcleo antigo de Viveiro, segundo proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Mario Iglesias Sánchez, polo prazo dun mes, para que tódolos interesados poidan revisa-lo expediente no Negociado de Obras, Urbanismo e Contratación e presentar, se é o caso, as alegacións que coiden convenientes.

O que se publica para xeral coñecemento.

Viveiro, 18 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

97-2294