Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveuse adxudicar os seguintes contratos:

-Contratación dunha asistencia técnica para a prestación de servicios de teleoperadores de información para o desenvolvemento de programas de atención ó público dentro do Plan de Reforma Administrativa da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocada por concurso aberto, con trámite de urxencia, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de xaneiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 19, do día 29 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Teleactión, S.A.

Importe: 2.497.243 pesetas, IVE incluído.

-Contratación do arrendamento de equipos informáticos para o tratamento da información derivada dos resultados selectivos de persoal para o acceso á Administración da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública de

data 17-12-1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251 do día 26 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Coremain, S.L.

Importe: 4.050.000 pesetas, IVE incluído.

-Subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do sistema de xestión de procedemento administrativos (SXPA), convocado mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 6 do día 10 de xaneiro de 1997.

Adxudicatario: Inforhouse.

Importe: 84.000.000 de pesetas, IVE incluído.

-Contratación do servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, mediante concurso aberto, convocada por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26-12-1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 1 do día 2 de xaneiro do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 101.964.419 ptas., IVE incluído.

-Contratación do servicio de mantemento do parque informático da Xunta de Galicia, convocada, mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30-12-1996, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 6 do 10-1-1997.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 137.002.100 ptas., IVE incluído.

-Contratación da adquisición de mobiliario con destino á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, convocada, mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 33 do día 18 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Suministros Técnicos Galicia (Sutega).

Importe: 14.981.254 ptas., IVE incluído.

-Contratación do servicio de vixilancia e seguridade nas oficinas da Secretaría Xeral de Protección Civil e o Medio Ambiente, convocada, mediante concurso aberto, por resolución da citada secretaría do 19 de xaneiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 18 do 28 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Prose, S.A.

Importe: 4.074.314 ptas., IVE incluído.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3230