Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/383-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Guldrigáns.

Situación: concello de Cuntis.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 194 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio existente da L.M.T. A Estrada-Vea, e remata no C.T. que se proxecta en Guldrigáns, concello de Cuntis. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III y IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 18 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2897