Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/422-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en San Xurxo-Cristimil-Lalín.

Situación: concello de Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 573 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 54 da L.M.T. Prado-Xar, e remata no C.T. que se proxecta en San Xurxo-Cristimil, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 10 m de lonxitude con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III y IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 17 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2896