Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997 pola que se lle pon termo á convocatoria pública aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante de xefe de servicio no Valedor do Pobo, anunciada pola Resolución do 20 de xaneiro de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta institución, por Resolución do 20 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 22, do 3 de febreiro), de conformidade co disposto nas súas bases 6ª e 7ª, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2º da Lei 4/1988 do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o valedor do pobo,

RESOLVE:

Prímeiro.-Poñer termo á convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante de xefe de servicio no Valedor de Pobo, anunciada por Resolución do 20 de xaneiro de 1997 (DOG nº 22, do 3 de febreiro de 1997).

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo de xefe de servicio ó funcionario Jacobo Varela Suanzes-Carpegna, do corpo superior de Administración da Xunta, grupo A, co rexistro de persoal nº 33853541 13A2060, á vista da documentación achegada e unha vez que xa foi recibido o informe previsto na base 5ª da convocatoria.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario, ó que se lle adxudica o posto, producirase dentro dos tres días seguintes ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do seu posto no Valedor do Pobo será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.-O funcionario seleccionado, procedente da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, terá dereito a ser declarado na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor de Pobo, en relación co artigo 52.14º da Lei da función pública de Galicia.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

2954