Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se convoca un curso sobre o Regulamento sancionador en materia de tráfico.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre o Regulamento sancionador en materia de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

O curso ten por obxectivos:

-Coñece-lo alcance das actuacións administrativas en materia sancionadora de circulación e par

ticularmente as relativas á correcta formulación e/ou tramitación das denuncias.

-Coñece-lo alcance dos problemas prácticos sobre tal particular.

-Sensibiliza-lo persoal da importancia dunha correcta actuación.

-Mellora-la calidade das actuacións para co administrado/denunciado.

-Coñece-lo alcance da tramitación e curso do procedemento sancionador no seu conxunto.

Destinatarios:

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e ós membros da Garda Civil.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas, o día 14 de maio.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas, será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración:

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

-Ámbito de aplicación do procedemento sancionador en materia de circulación.

-Interrelación entre actuacións administrativas e xurisdiccionais penais.

-A incoación do procedemento.

-Denuncias de carácter obrigatorio e voluntario.

-Contido, requisitos e tramitación das denuncias.

-A proba de veracidade delas.

-Notificacións. Domicilio para notificacións. Os requisitos da LRXAP e PA.

-Instrucción do procedemento. Período de proba.

-Resolución.

-Recursos.

-A calidade e a prescrición; a ampliación de prazos desta última contida na Lei 5/1997.

-Anotación e execución de sancións.

-Cobramento.

-Estudio sistemático da xurisprudencia sobre o procedemento sancionador.

Datas:

O curso celebrarase do 26 ó 30 de maio.

O horario será de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicarase o día 19 de maio, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar:

O curso desenvolverase na Casa da Cultura, sita na Avda. Benito Vigo, 92, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia:

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia, a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

97-2983