Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Parisiana, Hotel Atlántico.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Parisiana, Hotel Atlántico que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 14-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, 14 de febreiro de 1997, reunidos:

José Enrique Sobrini Colomer, na súa calidade de presidente do consello de administración de Parisiana, S.A., e en representación do hotel Atlántico e discoteca As Gabeiras, e

César Prado Castelo, Luis López Carrón, Carmen Anllo Cousillas, María Luisa Míguez Bermúdez e José Ramón Sánchez Iglesias, na súa calidade de comité de empresa e en representación do cadro de traballadores do hotel Atlántico e da discoteca As Gabeiras, expoñen:

Que, despois dunha serie de conversacións sobre o estudio e aprobación do convenio de empresa, chegaron á formalización e aceptación do convenio para os devanditos centros de traballo, nos termos, pactos e condicións que, a seguir, se especifican:

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta ó persoal que forma o cadro do hotel Atlántico e discoteca As Gabeiras, situados na cidade da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en Vigo o día 1 de xaneiro de 1996 e finalizará o 31 de decembro de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia.

Poderá ser denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación, como mínimo, á data do seu vencemento. Se non fose denunciado, entenderase prorrogado por períodos dun ano, sucesivamente.

Artigo 4º.-Modalidade retributiva.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun soldo base, de acordo coas distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimida a porcentaxe de servicio que rexía nesta actividade.

Artigo 5º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance, nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 6º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional que se establece no presente convenio é meramente enunciativa; non está, polo tanto, obrigada a empresa a ter cubertas tódalas categorías, mentres os servicios o requiran.

Dada a existencia na empresa dalgunhas actividades que non foron recollidas na ordenanza laboral, establécese a definición das seguintes categorías laborais:

Director. É o que, con título e poderes adecuados, asume a dirección e responsabilidade na empresa, de acordo co estipulado no Estatuto de directores de establecementos turísticos.

Subdirector. É o empregado que, baixo as ordes do director, asiste a este nas súas funcións e o substitúe nos casos de ausencia e enfermidade.

Xefe de persoal. É o que, baixo a dependencia do director e en estreita colaboración con el, se encarga do control do persoal, salarios, liquidacións da Seguridade Social e todo o derivado das relacións entre empresa e empregados.

Xefe de inmobles. É o xefe superior do que dependen os servicios de seguridade e hixiene, obras novas e, en xeral, todo o referente a mantemento do edificio, maquinaria e utensilios del, coordinando tales servicios, con iniciativa propia, dentro das normas dictadas pola dirección da empresa.

Administrador-contable. É o empregado que, dependente da dirección e provisto, ou non, de pode

res, posúe a titulación adecuada e unha sólida experiencia administrativa, contable e fiscal, ten a responsabilidade do funcionamento deste servicio, coa correspondente colaboración de oficiais, auxiliares e calquera outro tipo de persoal administrativo de oficina.

Respecto do resto das categorías que figuran expresamente neste convenio, haberá que aterse, no tocante á súa definición, ó sinalado na ordenanza de hostelería do 28-2-1974.

Artigo 7º.-Niveis ocupacionais.

Tódalas categorías profesionais representadas polos empregados afectos a este convenio adscribiranse de acordo cos seguintes niveis ocupacionais:

Nivel 0. Director.

Nivel 1. Subdirector.

Nivel 2. Xefe de persoal.

Nivel 3. Xefe de inmobles.

Nivel 4. Administrador-contable.

Nivel 5. Xefe de recepción.

Xefe de comedor.

Xefe de sala.

Nivel 6. Xefe de servicios técnicos.

Primeiro conserxe.

Gobernanta xeral.

2º xefe de recepción.

Caixeiro xeral.

Xefe de economato e adega.

Encargado de sauna.

Encargado de discoteca.

Nivel 7. Segundo conserxe.

Contable.

Xefe de sector.

Xefe de partida.

Nivel 8. Recepcionista.

Conserxe de noite.

Gobernanta.

Encargada de lavandería e lencería.

Oficial de contabilidade.

Camareiro.

Cociñeiro.

Cafeteiro.

Telefonista de 1ª.

Disc-jockey.

Nivel 9. Telefonista de 2ª.

Auxiliar de recepción.

Auxiliar de oficina maior de 21 anos.

Gobernanta de 2ª.

Encargada de lencería.

Encargada de limpeza.

Mecánico ou calefactor.

Nivel 10. Axudante de camareiro.

Axudante de cociñeiro.

Mozo de equipaxes.

Porteiro de servicio.

Axudante de economato e adega.

Mozo de habitación.

Costureira-lavandeira-pranchadora.

Limpadora.

Mozo de limpeza.

Mozo de lavandería.

Fregadora.

Vixilante de noite.

Ordenanza.

Camareira de pisos.

Nivel 11. Mozo dos recados, maior de 18 anos.

Nivel 12. Aprendices 3º ano.

Nivel 13. Aprendices de 2º ano.

Mozo dos recados menor de 18 anos.

Nivel 14. Aprendices 1º ano.

O persoal definido nos niveis 0, 1, 2, 3 e 4 poderá percibir, ademais dos salarios fixados no artigo seguinte, un complemento salarial, o cal, dada a súa peculiar responsabilidade e por tratarse dunha relación laboral de carácter especial, considerada no artigo 2.1º do Estatuto dos traballadores, será fixado de común acordo coa empresa. Esta, ademais, poderá gratificar a calquera empregado cun plus especial, se o coida procedente.

No suposto da existencia dunha reclamación de clasificación profesional, a dirección, antes de resolvela, requirirá o informe dos representantes dos traballadores.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada categoría profesional aplicaránselle-las contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel, e que serán as seguintes:

Nivel 0: trescentas cincuenta e cinco mil trinta pesetas mensuais (355.030).

Nivel 1: duascentas doce mil novecentas pesetas mensuais (212.900).

Nivel 2: duascentas mil novecentas dez pesetas mensuais (200.910).

Nivel 3: cento oitenta e seis mil setenta pesetas mensuais (186.070).

Nivel 4: cento cincuenta e seis mil cento trinta pesetas mensuais (156.130).

Nivel 5: cento vintetrés mil oitocentas dez pesetas mensuais (123.810).

Nivel 6: cento vintedúas mil cincocentas setenta pesetas mensuais (122.570).

Nivel 7: cento doce mil setecentas trinta e cinco pesetas mensuais (112.735).

Nivel 8: cento seis mil cento dez pesetas mensuais (106.110).

Nivel 9: noventa e oito mil setecentas quince pesetas mensuais (98.715).

Nivel 10: noventa e tres mil oitocentas corenta e cinco pesetas mensuais (93.845).

Nivel 11: oitenta e cinco mil novecentas pesetas mensuais (85.900).

Nivel 12: setenta e cinco mil setecentas seis pesetas mensuais (75.706).

Nivel 13: sesenta e cinco mil cincocentas pesetas mensuais (65.500).

Nivel 14: cincuenta e cinco mil trescentas trinta pesetas mensuais (55.330).

Artigo 9º.-Manutención.

A partir do 1 de xaneiro de 1996 só terán dereito a manutención, como complemento salarial en especie, con carga á empresa e durante as horas que presten servicio aqueles empregados que, o 31 de decembro de 1995 estivesen exercendo tal dereito.

Para o resto do persoal que, con dereito a manutención, renuncia a esta, seralle substituída, con cargo á empresa, pola cantidade mensual de seis mil seiscentas vintecinco (6.625) pesetas.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considérase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento daquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28-2-1974.

Artigo 11º.-Plus de asistencia.

Queda establecida a percepción deste plus na contía mensual de cinco mil duascentas dez (5.210) pesetas. Perderase o importe correspondente a un día deste plus por cada xornada que se falte ó traballo.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

O persoal afecto ó presente convenio percibirá en compensación por gastos de transporte a cantidade mensual de oito mil duascentas cincuenta (8.250) pesetas. En caso de inasistencia, este plus percibirase proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 13º.-Aumentos por antigüidade.

Os complementos salariais por antigüidade, recollidos na vixente ordenanza de traballo para as industrias de hostelería do 28-2-1974, establécense de acordo coa seguinte escala:

4 % sobre o salario do artigo 8º, ó cumprir tres anos de servicio efectivo na empresa.

9 % ó cumprir seis anos.

17 % ó cumprir nove anos.

29 % ó cumprir catorce anos.

41 % ó cumprir dezanove anos.

48 % ó cumprir vintecatro anos de servicio.

50 % ó cumprir vintecinco anos de servicio, data a partir da cal se incrementará nun 2 % anual, ata o límite de 40 anos de servicio (80 %).

A data inicial para a determinación de antigüidade será a do ingreso na empresa, aínda que cambie, por ascenso ou por calquera outro motivo, de categoría laboral.

Os premios por antigüidade para o persoal con data de ingreso na empresa posterior ó 1-1-1987 quedarán establecidos por trienios, a razón de dúas mil seiscentas cincuenta pesetas (2.650).

Esta última cantidade será revisada co resto das condicións económicas do convenio.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio, aboaranse tres gratificacións extraordinarias, de trinta días cada unha, nos meses de xullo, setembro e decembro, constituídas polos salarios establecidos no artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso.

O persoal que se atope cumprindo o servicio militar percibirá, mentres se atope en tal situación, estas pagas extraordinarias en razón de quince días.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afecto ó presente convenio será de trinta días naturais por ano.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non recuperables legalmente establecidos.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborables, con opción, por parte da empresa, para poder substituílos por pagamento en metálico co fin de mante-lo normal funcionamento dela. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario base, maila antigüidade de cada xornada laboral.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada laboral ordinaria será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

Esta xornada deberá ser continuada nos departamentos de recepción-conserxería, teléfono, pisos, lencería, administración-contabilidade e servicio técnico.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

A indemnización para o persoal que contraia matrimonio e rescinda o seu contrato de traballo por tal causa, consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio á empresa, cun máximo de seis, composta polo salario que figura no artigo 8º, segundo a súa categoría profesional, incrementado coa antigüidade que lle corresponda.

O persoal que leve máis de dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio, continuando nela, percibirá en concepto de dote, unha mensualidade que comprenderá a retribución do salario que lle corresponda pola súa categoría laboral, maila antigüidade, se procede.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa duración que se expresa:

Matrimonio do traballador: 15 días.

Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

Parto da esposa: 4 días.

Voda de fillos e irmáns, bautizos e primeiras comuñóns: se é dentro da provincia, 1 día; se é fóra dela, 3 días.

Traslado de domicilio habitual: 1 día.

Libre disposición, non acumulable a vacacións: 2 días.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa de, polo menos, un ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos. Concederase polo tempo solicitado e en ningún caso se poderá producir tal situación nos contratos de duración determinada.

O traballador reunirá as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase no prazo dun mes a partir da petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos.

c) O traballador que desexe reincorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu emprego todo aquel excedente que, en tal período de tempo, prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empre

sas comprendidas na ordenanza de traballo para as industrias de hostelería do 28-2-1974.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel terá a condición de interino e causará baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorpora no prazo e condicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa, e o interino adquiriría a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contados desde a data do nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poría fin ó que viñese desfrutando. Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer tal dereito.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de traballo de catro anos, polo menos, no servicio efectivo á empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os departamentos que se indican percibirán os seguintes importes mensuais:

Caixa xeral: 2.300 ptas.

Recepción: 2.500 ptas.

Bar, discoteca, conserxería nocturna: 1.750 ptas.

Saunas: 1.750 ptas.

Artigo 21º.-Pluses especiais.

O persoal que se especifica a seguir, por razón do desempeño do propio posto de traballo, percibirá os seguintes importes mensuais:

Xefe servicio técnico: 3.500 ptas.

Mecánico ou calefactor: 2.320 ptas.

Conserxe de servicio nocturno: 11.640 ptas.

Vixilante de noite: 11.640 ptas.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario establecido no artigo 8º, máis antigüidade e manutención. Así mesmo, percibirase o plus de asistencia na súa totalidade en caso de accidente, intervención cirúrxica, hospitalización ou parto.

Estes complementos manteranse por un período máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de baixa por enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir días do período de vacacións.

Artigo 23º.-Xubilación-defunción.

Acórdase a xubilación obrigatoria ós sesenta e cinco anos de idade, sempre que o traballador teña cuberto o período de cotización que dá dereito a percibir, da Seguridade Social, a pensión correspondente.

Ó se produci-lo cesamento definitivo, por xubilación ou invalidez, entregaráselle ó empregado, como premio, a cantidade resultante de aplicar seis días de retribución total por cada ano de servicio á empresa.

Así mesmo, os empregados que, de forma voluntaria, adianten a súa xubilación á idade anteriormente estipulada, percibirán o citado premio, incrementado nun 20 % por cada ano en que se anticipe tal feito.

En caso de falecemento dun productor en activo, concederáselle á viúva, viúvo ou fillos (sempre e cando estes dependan economicamente do falecido) un auxilio de defunción que consistirá no aboamento de seis días de retribución total por cada ano de servicio á empresa, cun máximo de seis mensualidades.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

O prazo de aviso previo nos casos de cesamento voluntario dos traballadores será o seguinte:

Trinta días para empregados dos niveis 0, 1, 2, 3 e 4.

Vinte días para empregados dos niveis 5 e 6.

Dez días para o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias consideradas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretación, aplicación, conciliación, arbitraxe e vixilancia deste convenio créase unha comisión paritaria integrada polas seguintes persoas:

Por parte dos traballadores: César Prado Castelo, Luis López Carrón, José Ramón Sánchez Iglesias, María Luisa Míguez Bermúdez, Carmen Anllo Cousillas.

Por parte da empresa: o consello de administración ou a persoa ou persoas en que este delegue, que non excederá nunca en número ou a comisión formada polos empregados.

Disposición adicional

Faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas de traballo efectivo para tódolos empregados será de 1.793 horas, en cómputo anual.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores, en función do dito número de horas, son as que seguidamente se relacionan, diferenciándoas por niveis salariais:

En nivel O: 5.566.480

En nivel 1: 3.434.535

En nivel 2: 3.254.700

En nivel 3: 3.032.060

En nivel 4: 2.582.930

En nivel 5: 2.098.110

En nivel 6: 2.079.570

En nivel 7: 1.932.025

En nivel 8: 1.832.680

En nivel 9: 1.721.750

En nivel 10: 1.648.670

En nivel 11: 1.529.550

En nivel 12: 1.376.600

En nivel 13: 1.223.640

En nivel 14: 1.071.000

En proba de conformidade con canto se deixa exposto, asínano os comparecentes no lugar e data antes indicados. Emítese o presente en papel timbrado da clase 8ª, pregos numerados do 1C2397926 ó 1C2398928, ambos inclusive.

Por parte da empresa: J. Enrique Sobrini Colomer. Asinado.

Por parte dos traballadores: César Prado Castelo, Carmen Anllo Cousillas, Luis López Carrón, J. Ramón Sánchez Iglesias e María Luisa Míguez Bermúdez. Asinado.

2901