Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 79/1997, do 10 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Taboada (Lugo), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto acondicionamento da vía de unión entre a rúa Fenosa e a rúa Aviación Española, primeira fase.

O Concello de Taboada (Lugo), en sesión celebrada o día 13 de outubro de 1989, aprobou o proxecto de acondicionamento da vía Unión entre a rúa Fenosa e a rúa Aviación Española, primeira fase e na sesión do 1 de marzo de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10 de marzo de 1997 de baixo o número 2992.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 22 de novembro 1995, nº 11029.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a citada obra intercomunica, como o seu nome indica dúas rúas de vital importancia na vila de Taboada, supoñendo unha arteria pola que flúe unha considerable circulación do tráfico urbano. O seu remate é unha vella aspiración de tódolos habitantes da vila que verían así completadas unhas obras de urbanización comezadas no ano 1990 e realizadas en diversas fases e incluídas nos plans provinciais da Deputación de Lugo. A repetida obra dotaría dos servicios básicos a máis de 16 vivendas de protección oficial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Taboada (Lugo) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de acondicionamento da vía Unión entre a rúa Fenosa e a rúa Aviación Española, primeira fase.

Santiago de Compostela, dez de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2976