O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.
2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): contratación de sistemas automatizados para a realización de determinacións de farmacocinética.
Orzamento total: 38.300.000 ptas.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso consta dun único lote.
Lote 1. Determinacións de fármacos: 38.300.000 pesetas.
* (Reactivos e Mat. consumible: 27.500.000 ptas.; arrendamento: 10.800.000 ptas.).
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio.
5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 14-5-1997.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6. a) Data límite de recepción das proposicións: 21-5-1997.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 2-6-1997.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:
1. Oferta económica:
Prezo arrendamento e consumible: 50%.
Calidade dos reactivos: 20%.
Prestacións do equipamento: 20%.
2. Servicio de mantemento:
Preventivo e correctivo: 5%.
Servicio de entrega de remesas de consumibles: 5%.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.
17. Data de envío do anuncio: 15-4-1997.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).
A Coruña, 4 de abril de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
3088