Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de material para radioloxía vascular. (C.P. 40/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación da subministración de material para radioloxía vascular.

Orzamento: 11.452.720 ptas.

Garantía provisional: 229.054 ptas.

Lote 1: Catét. anxiográfico tipo pig-tail.

Orzamento: 1.733.400 ptas.

Garantía provisional: 34.668 ptas.

Lote 2: guía Anxiogr. D/alma metálica 0,035x150.

Orzamento: 684.800 ptas.

Garantía provisional: 13.696 ptas.

Lote 3: guía Anxiogr. D/alma metálica 0,035x260cm.

Orzamento: 1.748.380 ptas.

Garantía provisional: 34.968 ptas.

Lote 4: guía Anxiogr. Multiperf. P/Fibrinolít.

Orzamento: 2.311.200 ptas.

Garantía provisional: 46.224 ptas.

Lote 5: xeringa infladora c/manómetro.

Orzamento: 1.200.540 ptas.

Garantía provisional: 24.011 ptas.

Lote 6: kit introductor de catéter 5 a 9 Fr.

Orzamento: 1.339.800 ptas.

Garantía provisional: 26.796 ptas.

Lote 7: guía recta 0,035 alma fixa.

Orzamento: 2.434.600 ptas.

Garantía provisional: 48.692 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto realizarase segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade dos materiais: 20%.

3. Servicio técnico da subministración: 20%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 4 de abril de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3014