Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.738

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de marzo de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Atlántida, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado por José Gilberto Mel Vázquez, en representación do centro privado Atlántida de Vigo (Pontevedra), no que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Ó resultar que mediante escritura pública notarial outorgada perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, José Antonio Somoza Sánchez, Juan Antonio Camacho Góngora e outros ceden a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Colegio Atlántida, Sociedad Cooperativa.

Ó resultar que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Ó resultar que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Ó considerar que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Atlántida de Vigo a favor de Colegio Atlántida, Sociedad Cooperativa, con tódolos dereitos e obrigas contraídas polos cesionistas Juan Antonio Camacho Góngora e outros, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre os anteriores titulares do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

97-2875