Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello da Coruña ten previsto implantar de xeito obrigatorio nos locais de ocio nocturno regulados pola nova Ordenanza municipal medioambiental reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións e do exercicio das actividades sometidas a licencia, unhas placas identificativas que serán comprensivas dos seguinte extremos:

-Número de licencia e data de expedición.

-Categoría ou grupo ó que corresponde a súa actividade e licencia concedida.

-Capacidade de persoas permitida en función da superficie total.

-Nivel de emisión interna (NEI) permitido.

As placas serán en fundición de bronce, en forma semioval de 16x22 cm aproximadamente e duns 8 mm de espesor, cos bordos, letras e adornos en relevo e pulidos. Axustaranse ó deseño que serve de modelo e que se atopa a disposición dos concursantes na Unidade de Aperturas.

Os interesados poden remiti-la documentación no prazo dun mes á Unidade de Aperturas, praza de María Pita, s/n, para que os técnicos municipais procedan á homologación das citadas placas identificativas, autorizándose así a venda destas nos esta

blecementos ou empresas que os seus productos fosen homologados.

A Coruña, 11 de abril de 1997.

O secretario

P.O.

Rubricado

1902