Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Agencias Marítimas y Aduaneras que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Provincial de Empresas Consignatarias y Estibadoras de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do R.D. 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de Agencias Marítimas y Aduaneras que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Provincial de Empresas Consignatarias y Estibadoras de A Coruña.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Luis del Moral Torres (presidente) e Carlos González Fernández (secretario).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2990