Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Federación Gallega de Asociaciones y Gremios de Joyeros, Relojeros y Plateros.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do R.D. 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 24 de marzo de 1997, certificación expedida polo secretario da devandita federación, José Carlos García Cumplido, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria, que tivo lugar o día 17 de marzo

de 1997, consistente na modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó cambio de domicilio social que pasa a ser: Ramón Cabanillas, 5-7 2º B, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2925