En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 10 horas do día 20 de marzo de 1997 a acta de constitución e os novos estatutos da Asociación de Horticultores del Noroeste (Hortinor), que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: comarcal.
Profesional: sector productivo da horticultura (con capacidade legal para vender no mercado público).
Asinan a acta de constitución: Manuela Dolores López García e vinte persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 21 de marzo de 1997.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
2903