Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/364-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das isntalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Concello da Cañiza.

Enderezo social: A Cañiza, 36880 A Cañiza.

Denominación: L.M.T. e C.T. Casa de Cultura-Regueiro.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 637 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, e 62 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo R.V.-24 kV, desde unha L.M.T. propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta en Regueiro, concello da Cañiza. C.T. de 125 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2813