Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997 pola que se convoca concurso público para a adquisición de material mobiliario, didáctico e deportivo con destino a centros de primaria e secundaria dependentes desta consellería. (Expediente 6097).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 6097.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material mobiliario, didáctico e deportivo con destino a centros de primaria e secundaria dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da Estrada, sito no polígono de Toedo s/n. A Estrada. Pontevedra.

c) Prazo de entrega: 1 mes desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 490.583.500 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: (981) 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: día 5 de xuño de 1997 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª) Domicilio: San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 11 de xuño de 1997 a partir das 9.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

2163