Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.711

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 25 de marzo de 1997 do tribunal encargado de xulga-lo concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, polo que se publica a relación de aspirantes que superaron o dito concurso-oposición.

De conformidade co previsto no apartado 24 da base sexta da Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) o tribunal que xulga o concurso para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Sergas, acordou na sesión celebrada o día 25 de marzo de 1997 publicar no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o dito concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, comprendendo a dita relación, de forma separada, ós aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos.

Así mesmo, o apartado 27 da dita base da convocatoria prevé que unha vez publicado o dito acor

do, o tribunal eleve á autoridade convocante a relación de aspirantes que superen o concurso-oposición na forma prevista no apartado 24 da mesma base.

Na súa virtude, o tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-la relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Sergas convocado pola Resolución do 18 de maio de 1995, que se inclúe como anexo ó presente acordo.

Segundo.-Elevar á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, a dita relación de aspirantes seleccionados para os efectos previstos na dita convocatoria.

Terceiro.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da dita convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

Concurso-oposición acceso a prazas de persoal estatutario (03-97)

Relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición

Categoría: pinches

Acceso: libre

2827