Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.709

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 20 de marzo de 1997 do tribunal encargado de xulga-lo concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo auxiliar da función administrativa, de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, polo que se publica a relación de aspirantes que superaron o dito concurso-oposición.

De conformidade co previsto no apartado 24 da base sexta da Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) o tribunal que xulga o concurso para o ingreso na categoría do grupo auxiliar da función administrativa de persoal estatutario do Sergas, acordou na sesión celebrada o día 20 de marzo de 1997 publicar no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o dito concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, comprendendo a dita relación, de forma separada ós aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos.

Así mesmo, o apartado 27 da dita base da convocatoria prevé que unha vez publicado o dito acordo, o tribunal eleve á autoridade convocante a relación de aspirantes que superen o concurso-oposición na forma prevista no apartado 24 da mesma base.

Na súa virtude, o tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-la relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo auxiliar da función administrativa de persoal estatutario do Sergas convocado pola Resolución do 18 de maio de 1995, que se inclúe como anexo ó presente acordo.

Segundo.-Elevar á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, a dita relación de aspirantes seleccionados para os efectos previstos na dita convocatoria.

Terceiro.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da dita convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Presidente do tribunal

Concurso-oposición acceso a prazas de persoal estatutario (03-97)

Relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición

Categoría: auxiliar función administrativa

Acceso: promoción interna

Concurso-oposición acceso a prazas de persoal estatutario (03-97)

Relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición

Categoría: auxiliar función administrativa

Acceso: discapacitados

Concurso-oposición acceso a prazas de persoal estatutario (03-97)

Relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición

Categoría: auxiliar función administrativa

Acceso: libre

2778