Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, do director xeral do Igape, pola que se dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O artigo 21 da Lei 6/1994, de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, autoriza a conceder avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica establece que, ós avais concedidos polo Igape, se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión con data vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e sete:

Aval subsidiario por importe máximo de 206.988.600 pesetas á empresa Luis Calvo Sanz, S.A.

Aval subsidiario por importe máximo de 225.283.200 pesetas á empresa Dalphi Metal España, S.A.

Aval subsidiario por importe máximo de 157.500.000 pesetas á empresa Hierros Santa Cruz, S.L.

Aval subsidiario por importe máximo de 118.000.000 de pesetas á empresa Insua-Mar, S.L.

Aval subsidiario por importe máximo de 184.660.000 pesetas á empresa Ramilo, S.A.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2668