Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de xaneiro de 1997 pola que se aproba o modelo oficial de contrato que autoriza os titulares de autorizacións interurbanas de autotaxi a inicia-lo servicio en concello distinto daquel onde teñan residencia a súa tarxeta.

Advertido erro na publicación da Orde do 27 de xaneiro pola que se aproba o modelo de contrato para a iniciación dos servicios de autotaxi fóra do termo municipal de residencia procede, para os efectos de darlle estricto cumprimento á previsión contida no artigo 20 da Lei 6/1996, do 9 de xullo, corrixi-lo modelo publicado no DOG nº 33, do 18 de febreiro de 1997, no senso de incluír entre a referencia correspondente o punto de recollida dos viaxeiros e a do nome e apelidos do contratante, a mención do punto de destino da viaxe.

Na súa consecuencia, o anexo I da referida Orde do 27 de xaneiro de 1997, terá a seguinte configuración:

ANEXO NÚMERO I

XUNTA DE GALICIA

DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

Modelo oficial de contrato ó que fai referencia o artigo 20 da Lei 6/1996, do 9 de xullo -servicios interurbanos excepcionais, en vehículos de turismo, taxis con recollida de viaxeiros fóra do termo municipal onde estea residenciada a licencia.

-Matrícula do vehículo

-Tarxeta de transporte nº

-Punto de recollida dos viaxeiros

-Punto de destino da viaxe

-Nome e apelidos do contratante

No suposto de que o contrato se realice por mandatario verbal, nome e apelidos deste

-Identificación dos viaxeiros ós que vai recoller

-Lugar, data e hora da contratación

-Data e hora previsible do inicio do servicio

Sinatura do mandatarioSinatura do usuarioSinatura do taxista

(ratificación)

Asdo.:Asdo.:Asdo.:

DNI nºDNI nºDNI nº

97-2799