Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.596

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997 pola que se fai público o acordo do Parlamento relativo á elección dun membro do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 8 de abril de 1997, no punto primeiro da orde do día, acordou elixir, de conformidade co establecido no artigo 12.1º da Lei 6/1985, do 24 de xuño, por 51 votos a favor, membro do Consello de Contas de Galicia, para cubri-la vacante de Miguel A. Crespo Domínguez, a Francisco Javier Constenla Acasuso.

O que se publica para xeral coñecemento, e ós efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1997.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

2809