Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.577

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Radio Marineda, S.A. que tivo entrada nesta delegación o día 15-1-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo delegado de persoal o día 3-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente neta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

I convenio Radio Marineda, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio colectivo será de aplicación en tódolos centros de traballo da provincia da Coruña de Radio Marineda, S.A., e regulará as relacións laborais de traballo entre Radio Marineda, S.A. e os seus empregados agás nos casos seguintes:

1.1. Persoal que teña asinado contrato de alta dirección, de acordo co establecido no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto.

1.2. Colaboradores ou asesores contratados no réxime de contrato civil ou mercantil de arrendamento de servicios.

1.3. O persoal artístico en xeral, os actos integrantes de cadros artísticos, coros, músicos, cantantes, orquestas e agrupacións culturais contratados para traballos concretos.

1.4. Os axentes publicitarios rexeranse polas condicións que se establezan nos seus respectivos contratos mercantís.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia desde o 1 de outubro de 1996 ata o 31 de decembro de 1997. Considérase prorrogado automaticamente por un ano se non é denunciado por calquera das partes antes dos tres meses a súa caducidade.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

A negociación e o pacto deste convenio fixéronse coa vontade de que sexa a fonte prioritaria de regulamento das relacións entre as partes e, daquela, o seu carácter obrigatorio e normativo deberase considerar no seu conxunto como un todo orgánico e indivisible.

Artigo 4º.-Disposicións xerais.

A política do persoal de Radio Marineda, S.A. inspírase na promoción profesional de tódolos empregados de acordo coas súas facultades e coñecementos e no perfeccionamento dos servicios para a súa adecuada adaptación ás características da empresa e á evolución do medio.

A organización práctica do traballo, con suxeición a este convenio e á lexislación vixente, é facultade da dirección de Radio Marineda, S.A.

Artigo 5º.-Clasificación segundo a función. Nivel de clasificación profesional.

As clasificacións do persoal consignadas no presente convenio colectivo son meramente enunciativas, non limitativas e non supoñen a obrigación de ter provistas tódalas prazas e categorías enumeradas se as necesidades e o volume da empresa no o requiren. O persoal clasifícase e distribúese tendo en conta as funcións que realiza nos grupos que máis adiante se relacionan:

Grupo I. Programación.

-Redactor xefe.

-Redactor-locutor.

-Auxiliar de redacción.

Grupo II. Emisións.

-Técnico de control e mantemento.

Grupo III. Administración.

-Xefe administrativo.

-Oficial administrativo.

-Auxiliar administrativo.

Grupo IV. Comercial e mercadotecnia.

-Xefe comercial.

-Comercial.

-Definicións:

Grupo I. Programación. É o persoal que planifica os programas, formula os correspondentes cadros e horarios con distincións deles, idéaos e redáctaos, responsabilizándose de todo o necesario para a súa posterior realización.

-Redactor xefe. É o profesional capaz de confeccionar e realizar en forma escrita ou falada espacios

radiofónicos de todo tipo e de organizar, orientar e vixia-lo traballo dos redactores ás súas ordes, podendo ter, así mesmo a responsabilidade nunha área de programación, podendo manexa-los equipos necesarios para iso.

Redactor-locutor. É o profesional capaz de confeccionar de forma escrita ou falada todo tipo de espacios radiofónicos e que está capacitado para realizar con plena iniciativa unha locución improvisada en espacios radiofónicos, reportaxes e transmisións tanto dentro como fóra dos estudios. Deberá coñece-lo uso e manexo dos equipos de baixa frecuencia necesarios para o seu traballo, podendo asumi-la coordinación do persoal técnico que precise na producción de programas, podendo manexa-los equipos necesarios para iso.

-Auxiliar de redacción. É o profesional capaz de confeccionar de forma escrita ou falada todo tipo de espacios radiofónicos, e que está capacitado para realizar con plena iniciativa unha locución improvisada en espacios radiofónicos, reportaxes e transmisións tanto dentro como fóra dos estudios. Deberá coñece-lo uso e manexo dos equipos de baixa frecuencia necesarios para o seu traballo.

Grupo II. Emisións. Intégranse neste grupo aqueles profesionais que posibilitan a realización de programas de radiodifusión.

-Técnico de control e mantemento. É o profesional que, coñecendo posibilidades dos equipos de radiodifusión, unidades móbiles e de retrasmisións que se utilizan para a realización radiofónica, os manipula con toda destreza, e que, con amplos coñecementos das técnicas de radiodifusión, das normas de explotación e/ou mantemento que se aplican nelas, está capacitado para a realización dos traballos correspondentes en alta e baixa frecuencia. Corresponde á súa función realiza-las mesturas e os encadeamentos de acordo coas indicacións do guión ou do persoal de programas, xa sexa para a súa transmisións en directo ou diferida no estudio ou fóra del, así como elabora-las gravacións, os seus arranxos e montaxes finais.

Grupo IV. Administración. Integra este grupo o persoal que participa na xestión, organización e tramitación dos asuntos económicos, de persoal e de carácter xeral. En relación á sua competencia, capacidade e responsabilidade clasifícanse nas seguintes categorías profesionais.

-Xefe administrativo. É o profesional que desenvolve funcións administrativas, económicas e comerciais de elevada especialización dunha ou das súas ramas, ou en vairas delas, tales como: intervención xeral, inspección administrativa, administración orzamentaria e contable, pagadorías e nóminas, expedientes, relacións laborais, arquivos, administracións de asuntos xerais, estudios e análises contables ou de custos e outras regras de análoga entidade.

-Oficial administrativo. É o profesional que exerce funcións de carácter administrativo e contable, sig

nificadas pola necesidade de subministración de certa iniciativa, actuando segundo instruccións do seu superior inmediato, como redaccións de asentamentos contables, mecanografía en castelán ou galego e calquera análoga en significación e importancia, con ou sen empregados de menor categoría ás súas ordes. Correspóndelle tamén a esta categoría, entre outros cometidos, a xestión de almacéns de complexidade media.

-Auxiliar administrativo. É o profesional ó que se lle encomendan actividades de elementais características xerais administrativas, con reducida inciativa e adecuada responsabilidade, como mecanografía, sinxelas operacións de rexistro e arquivo, tramitación de documentos, atención ós visitantes, responder a consultas xerais, manipular centraliñas telefónicas e os servicios complementarios delas.

Grupo V. Comercial e mercadotecnia. Inclúese os profesionais que teñen como misión vender, realizar prospeccións de mercado, planificación e asesoramento a clientes sobre formas máis eficaces de desenvolve-las súas campañas publicitarias obtendo o máximo rendemento das posibilidades do medio, suxerir criterios para a comercialización de programas, espacios e bloques, analiza-los contidos da programación xeral con vistas á súa posible comercialización e manter relacións e contactos con axencias de publicidade e clientes para consegui-la aceptación dos criterios publicitarios fixados pola dirección e da súa política neste terreo dirixida a consegui-la eficacia, veracidade, dignidade das mensaxes e correcta información da audiencia.

-Xefe de comercial. É o profesional que é capaz de levar a cabo a programación, dirección e execución da política comercial dunha ou varias emisoras así como os contactos e relacións con axencias publicitarias e clientes. Pode orientarse e conecta-los distintos servicios e departamentos que interveñen na contratación, administración e execución da publicidade e coordina-lo traballo do persoal ás súas ordes.

-Comercial. É o profesional que, dotado de personalidade, dotes para desenvolver actividades de relacións sociais e coñecementos suficientes, executa as misións de venda e promoción que se lle encomendan, realizando os desprazamentos necesarios, tanto para a capacitación de clientes, como para a súa atención unha vez captados.

Artigo 8º.-Ingresos.

Para o ingreso do persoal comprendido no presente convenio colectivo, levarase a cabo seguindo as distintas modalidades de contratación establecidos polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais complementarias.

Establécese un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados nin de tres meses para os demais. En todo caso o período de incapacidade laboral transitoria interromperá o cómputo do período de proba, sempre que se produza acordo entre as partes (empresa e traballador). Durante o período de proba o traba

llador terá os dereitos e obrigacións correspondentes á categoría profesional ou ó posto que desempeñe como se fose do cadro de persoal, pero calquera das partes poderá desistir da realización do traballo sen que tal decisión dea lugar a indemnización. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador.

Para os traballadores coa categoría de comercial, estableceranse individualmente nos seus contratos de traballo os mínimos de rendemento, as táboas de corretaxe e as causas de rescisión do contrato como consecuencia da non obtención dos obxectivos e mínimos marcados neles.

Todo o persoal de novo ingreso, xa sexa fixo, interino ou eventual, deberá superar satisfactoriamente un exame médico previo adecuado ó traballo que realizará.

Artigo 9º.-Mobilidade funcional e xeográfica.

Mobilidade funcional. Será ascendente, e durará o tempo que dure o feito casual, cunha duración máxima de 9 meses consecutivos, sen que este feito supoña a consolidación salarial ou profesional.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva o empresario precisase destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, máximo de seis meses, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional e comunicándollo ós representantes legais dos traballadores.

Mobilidade xeográfica. No non regulado neste convenio colectivo aplicarase o disposto no artigo 40 do E.T.

Artigo 11º.-Licencias.

Os traballadores rexidos por este convenio colectivo terán ó desfrute de licencias, sen perda da retribución, nos casos e coa duración que a continuación se indican, en días naturais:

-Por matrimonio do traballador: 15 días.

-Durante dous días naturais, que poderán ampliarse ata catro máximo cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, nos casos de: nacemento dun fillo ou de enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillo, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós e irmáns.

-Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación de traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá acorda-la empresa co traballador afectado a situa

ción de excedencia regulada na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores. No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou do cargo, perciba unha indemización, descontarase esa cantidade do salario ó que tivese dereito a empresa.

-Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional nos supostos e na forma regulados por E.T.

-Por motivos particulares xustificados, ata tres días durante o ano, sempre que as necesidades da empresa o permitan.

Artigo 12º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa e aplicarase o regulado no Estatuto dos traballadores.

Nas excedencias voluntarias, o excedente solicitará o seu reingreso cunha antelación mínima dun mes á finalización da excedencia ou causará baixa definitiva na empresa. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reintegro nas vacantes de igual ou similar categoría á sua que houbese ou se producisen na empresa. No caso de reingreso nunha categoría inferior, o excedente percibirá o salario correspondente a esta ata que se produza unha vacante da súa categoría.

Artigo 13º.-Servicio militar.

O persoal terá dereito a que se lle reserve o seu posto de traballo durante o tempo que dure o seu servicio militar obrigatorio ou voluntario. O empregado deberá poñerse ó dispor da empresa antes de transcorrer un mes, contado desde a data da súa licenciatura, xa que de non ser así, se entenderán extinguidas as relacións xurídico-laborais.

Artigo 14º.-Disposicións xerais sobre as retribucións.

As retribucións do persoal que afecta a este convenio estarán constituídas polo salario base de convenio e os seus complementos e corresponde á xornada normal a que se refire o artigo 21º.

O pagamento das retribucións efectuarase por meses vencidos, nos cinco días seguintes á súa finalización, mediante transferencia á conta que obrigatoriamente os traballadores deberán facilitar a dirección da empresa. A empresa no momento de efectua-lo pagamento de salarios estará obrigada a entregarlles ós traballadores un duplicado de recibo, debidamente asinado pola empresa, no que se fagan constar tódolos conceptos que establece a lexislación vixente para que, en todo momento e circunstancia, o traballador coñeza o que percibe por salario, o que tributa á Facenda pública e a cotización á Seguridade Social.

Artigo 16º.-Estructura salarial.

A estructura salarial desde a entrada en vigor do presente convenio será a seguinte:

a) Soldo base.

b) Complementos:

1. Persoais.

Especial coñecemento ou notoriedade.

2. De posto de traballo.

Plus de coordinación e responsabilidade.

3. Cantidade e calidade.

Horas extraordinarias.

Plus de rendemento.

Comisión sobre ingresos publicitarios.

4. De vencemento superior ó mes.

Gratificación de Nadal.

Gratificación de xullo.

5. Indemnización e suplidos.

Indemnización de distancia e transporte.

Indemnización ós comerciais.

16.1. Soldo base.

Entenderase por soldo base a retribución correspondente, fixada no anexo I, en cada unha das categorías profesionais, a unha actividade normal, durante a xornada de traballo fixada neste convenio. Se por acordo particular de Radio Marineda, S.A. cos seus empregados se traballara a xornada con horario restrinxido, o soldo base será divisible por horas, aboándose o que corresponda.

16.2. Complementos persoais.

O plus especial coñecemento ou notoriedade, corresponde ó recoñecemento por parte da empresa dos coñecementos especiais do traballador ou a especial notoriedade alcanzada na realización do seu traballo. Deberá ser recoñecido individualmente e de maneira discrecional e polo tempo que a empresa considere conveniente, sendo a súa contía mínima de 5.000 ptas. e máxima de 32.000 ptas. mensuais e percibirase tamén nas pagas extras e vacacións.

16.3. Complementos de posto de traballo.

O plus de coordinación e responsabilidade aboaráselle ó traballador que ademais de realiza-las tarefas propias da súa categoría, desenvolva a criterio e co coñecemento da dirección da empresa un labor de coordinación que polas súas características supoña unha especial responsabilidade con independencia da categoría profesional do traballador. Este complemento é de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do desenrolo efectivo do posto de traballo e non ten carácter consolidable. Este complemento será de cantidade variable en función da responsabilidade, non sendo inferior ó 5% do salario base. Non se percibirá nas pagas extras e vacacións.

16.4. Complementos e cantidade e calidade do traballo.

a) Horas extraordinarias. Aplicarase o disposto no E.T. e no artigo 22 do presente C.C.

b) Plus de rendemento. Por razón dunha maior productividade ou cantidade de traballo a empresa poderá establecer temporalmente y con carácter individual un plus de rendemento que non poderá ser inferior ó 10% do salario base. Percibirase durante todo o tempo polo que se establecese, censando o

dereito á su percepción a finalización das causas que o motivaron. Non se percibirá nas pagas extras e vacacións.

c) Comisión sobre ingresos publicitarios. Exclusivamente para os traballadores do grupo comercial e mercadotecnia estableceranse unhas táboas de participación ou comisión nos ingresos publicitarios obtidos pola empresa e os mínimos de ingresos netos publicitarios que se obterán para efectos de determina-lo seu rendemento, que deberán reflectirse individualmente no seu contrato de traballo. O seu devengo e liquidación farase en cómputo semestral, sobre aqueles contratos publicitarios que efectivamente sexan cobrados e debidamente percibidos por Radio Marineda, S.A. No obstante, a criterio da dirección da empresa poderanse establecer anticipos a conta da liquidación que corresponda, que non estarán suxeitos á cotización da Seguridade Social, ata que poida efectuarse a liquidación correspondente.

16.5. Complementos de vencemento superior ó mes.

a) Gratificación de xullo. O persoal ó servicio de Radio Marineda, S.A., percibirá unha gratificación extraordinaria que se devengará do 1 de xaneiro ata o 30 de xuño, o seu pagamento realizarase entre o 10 e o 25 de xullo e o seu importe comprenderá o salario base e os complementos persoais.

b) Gratificación de Nadal. O persoal ó servicio de Radio Marineda, S.A. percibirá unha gratificación extraordinaria que se devengará do 1 de xullo ata o 31 de decembro, o seu pagamento realizarase entre o 10 e o 25 de decembro, e o seu importe comprenderá o salario base e os complementos persoais.

O persoal que ingresase no transcurso do ano ou cesase durante el percibirá as gratificacións rateando sen redondeo o seu importe en relación co tempo traballado.

16.6 Indemnización e suplidos.

a) De distancia e transporte. Establécese para tódolos traballadores de Radio Marineda, S.A. agás o persoal do grupo comercial e mercadotecnia, unha compensación polos gastos de desprazamento e medios de transporte dentro do termo municipal, asi como desde o domicilio ós centros de traballo e regreso, que se devengará a razón de trinta días ó mes. Deduciranse os días de ausencia xustificada ou non, licencias, permisos retribuídos ou non, e vacacións.

A súa contía establécese no anexo I para cada categoría.

No caso de xornadas inferiores á establecida no artigo 21 aboaranse na parte proporcional a esta.

b) De comerciais. Establécense como compensación polos gastos que obrigatoriamente correrán a cargo do traballador como compensacións polos gastos de atención ós clientes de Radio Marineda, S.A. desprazamentos e medios de transporte propio dentro termo municipal, así como os que efectúen como

consecuencia de desprazamentos fóra do termo municipal para consegui-los contratos publicitarios. Devengarase a razón de trinta días ó mes e deducíndose os días de ausencia xustificada ou non, licencias, permisos retribuídos ou non, e vacacións.

Os complementos comprenderán os seguintes conceptos:

1. Indemnización de axuda de custo para atencións dos contratos de publicidade.

2. Indemnización por transporte e locomoción por uso de vehículo propio.

A súa contía establécese na columna correspondente do anexo I para cada categoría.

No caso de xornadas inferiores á establecida no artigo 21 aboándose na parte proporcional a esta.

Artigo 17º.-Táboas salariais.

Xúntanse como anexo I, a táboa do salario base para ó período do 1 de outubro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996, os complementos e as indemnizacións e suplidos.

Artigo 18º.-Revisión económica ano 1997.

Para o ano 1997 sobre as táboas que no artigo anterior se indican efectuarase unha revisión salarial correspondente na subida do IPC previsto para o ano 1997.

Artigo 19º.-Plus Noiteboa, Noitevella e Reis.

Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 22 horas do día 24 de Nadal e as 22 horas do 25 de Nadal, ou entre as 22 horas do día 31 de Nadal e as 22 horas do día 1 de xaneiro, ou entre as 22 horas do 5 de xaneiro e as 22 horas do 6 de xaneiro percibirán unha compensación económica de 6.500 ptas. por xornada completa de traballo, sempre que non sexa posible compensalo con tempo libre.

Artigo 20º.-Seguros.

O persoal de Radio Marineda, S.A. estará protexido por un seguro de accidentes que cubra un capital de polo menos 4.000.000 de ptas. por morte, invalidez permanente absoluta e gran invalidez e que abrangue as vintecatro horas do día, cos efectos e consecuencias comprendidas na Lei do contrato de seguro.

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 164 horas mensuais de media, equivalentes a 1.804 horas anuais de traballo; o seu cómputo será sempre anual. No obstante podrán pactarse cómputos distintos en cada contrato de traballo que se efectúe, sen menoscabo do disposto na lexislación vixente.

Así mesmo, se un traballador por necesidades do servicio non puidese realiza-la súa xornada anual, deberá compensa-la súa xornada nos seguintes seis meses.

Dadas as especiais características de servicio público continuado que Radio Marineda, S.A. ten que ofrecer, incluso sábados, domingos e festivos,

os traballadores obríganse a cumpri-lo horario que a empresa lles poida sinalar, entendéndose que este pode ser en período diurno, nocturno ou en días festivos, computándose os períodos de descanso en cómputo trimestral.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada establecida no artigo 21 deste convenio colectivo e o importe será do 125% do valor da hora normal, computándose, a estes sos efectos, exclusivamente o salario base e complementos persoais se os houbese.

A realización de horas extraordinarias é de libre aceptación polo traballador. O período de tempo que exceda a xornada ordinaria de traballo aboarase como horas extraordinarias ou compensaranse con descanso, á elección e criterio da empresa.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

Enténdese por axuda de custo a cantidade diaria que se lle aboa ó traballador como indemnización polos gastos de manutención que debe afrontar con motivo dun desprazamento por razóns de traballo a un termo municipal diferente do seu centro de traballo.

A súa cantidade é de 5.800 ptas. no caso de ter que pasa-la noite, e de 2.930 ptas. no caso de ter que realizar unha comida ou cea e non pasa-la noite.

Artigo 24º.-Quilometraxe.

O traballador ou traballadora que, con coñecemento e autorización da dirección da empresa, utilice o propio vehículo nos desprazamentos por razóns de traballo fóra do termo municipal, percibirá unha compensación económica de 24 ptas./km. Se ó traballador se lle facilitase tarxeta de pago dos consumos, a compensación económica será de 14 ptas./km.

A empresa aboará, desde que xustificado, o importe da peaxe de autoestrada.

Tódolos gastos derivados do desprazamento e do propio vehículo serán pola conta do traballador ou traballadora propietario deste.

Artigo 25º.-Descanso semanal.

De conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, todo o persoal da empresa terá dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido, que, como norma xeral, comprenderá a tarde do sábado ou a mañá do luns e o día completo do domingo. Non obstante, e de conformidade coa vixente lexislación sobre descanso dominical, todo o persoal corresponde a calquera dos grupos que establece o artigo 5º, e mesmo por quendas, indispensables para a prestación con carácter continuo do servicio de radiodifusión quedan exceptuados do descanso dominical e do correspondente ós días festivos.

Artigo 26º.-Vacacións.

O persoal acollido ó presente convenio que leve un ano ó servicio de Radio Marineda, S.A. desfrutará

dunhas vacacións retribuídas de trinta días naturais, que por necesidades do servicio puideran ser fraccionadas ata en dous períodos. O persoal que cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das vacacións segundo o número de meses traballados, computándose en razón do tempo realmente traballado. O período de vacacións desfrutarase preferentemente nos meses de xullo e agosto, sendo os períodos de vacacións rotativos. Terán preferencia:

1º. Aqueles que teñan fillos en idade escolar terán preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares, e

2º. Os que teñan familiares que traballan na mesma ou distinta actividade para que se faga posible o desfrute simultáneo das vacacións. En ningún caso se poderá varia-la quenda de vacacións establecida, salvo necesidade ineludible do servicio.

No caso no que un traballador se atope en situación de ILT, inciada con anterioridade ó inicio previsto do período de vacacións, estas aprazaranse, desfrutándose cando a programación o permita. No caso de non poder disfrutalas dentro do ano natural, farao dentro do primeiro trimestre do ano seguinte ó seu devengo.

Artigo 27º.-Principios xerais sobre as relacións sociais.

Os comités e delegados de empresa son os lexítimos representantes dos empregados no ámbito das relacións sociais e no exercicio das súas funcións gozarán das garantías e competencias que lles correspondan segundo a lexislación vixente e as prácticas que normalmente se veñen observando na empresa.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores un local adecuado para as súas reunións entre si e cos representantes das centrais sindicais e facilitaralles medios para a distribución de comunicados, con garantías de publicidade e inviolabilidade.

Os comités e delegados informarán a empresa acerca das reclamacións que se produzan na dinámica xeral das relacións de traballo.

O delegado de persoal poderá celebrar unha reunión mensual coa dirección respectiva con previa orde do día, da que se levantará a correspondente acta a non ser que se desconvoque de mutuo acordo por falta de temario.

Artigo 28º.-Competencias dos comités de empresa, delegados de persoal e dereitos sindicais.

As competencias e garantías dos representantes dos traballadores serán as establecidas no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica da liberdade sindical e demais lexislación vixente.

Artigo 29º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En tódolos centros de traballo e dependencias da empresa darase estricto cumprimento ás medidas de seguridade sinaladas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e demais normas legais de aplicación.

Réxime disciplinario.

Artigo 31º.-Normas xerais.

Consideraranse faltas as accións ou omisións que supoñan creba ou descoñecemento dos deberes de calquera índole impostos polas disposicións legais en vigor e, en especial, polo presente convenio.

As faltas cualificaranse de leves, graves e moi graves.

31.1. Faltas leves.

-A falta de puntualidade inxustificada superior a cinco minutos e inferior a dez na entrada ou saída do traballo, cando se produza seis veces durante un período de tres meses consecutivos.

-Non atender ó público ou ós compañeiros e compañeiras de traballo coa corrección e dilixencia debidas.

-As discusións cos compañeiros ou compañeiras nos lugares de traballo.

-Non comunicarlle á Dirección de Recursos Humanos os cambios de residencia ou domicilio.

-Pequenos descoidos na conservación do material, moblaxe ou pertenzas da empresa.

-A non utilización do cartón identificativo dentro das instalacións da empresa.

-Non notifica-la ausencia na primeira xornada ou non achegar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falta ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

31.2. Faltas graves.

-Máis de seis faltas de puntualidade de máis de dez minutos e menos de trinta nun período dun mes, ou tres superiores a trinta minutos, sempre que previamente o traballador ou traballadora fose sancionado con falta leve por impuntualidade.

-Faltar ó traballo sen a debida autorización ou causa xustificada.

-Omiti-la comunicación á dirección das alteracións familiares con repercusión económica.

-Incumprimento das funcións encomendadas ou das instruccións dispensadas polos superiores orgánicos ou funcionais en materias relacionadas coa obriga profesional.

-Simula-la presencia doutro traballador ou traballadora fichando ou asinando por el á entrada ou á saída do traballo.

-A neglixencia no traballo que afecte á súa boa marcha ou o retraso deliberado das actuacións que lle son propias.

-A reiteración ou reincidencia de tres leves, aínda que sexan de distinta natureza, excluídas as de puntualidade, dentro dun período de tres meses.

-Facer uso indebido de cargos ou denominacións da Radio Marineda, S.A. ou atribuírse aqueles que non se posúan.

-As derivadas dos supostos previstos nos números anteriores que produzan alteracións, prexuízos ou menoscabo do servicio; ou, se é o caso, accidentes ou deterioración das intalacións.

-Enfrontamento físico no lugar do traballo.

-Negativa a prestar servicios extraordinarios nos casos en que, polo seu carácter de imperiosa necesidade, así se requira.

31.3. Faltas moi graves.

-Considérase falta moi grave máis de dez faltas de asistencia ó traballo nun período de seis meses.

-Máis de catro faltas de puntualidade superiores a trinta minutos no período dun mes, sempre que o traballador ou traballadora fose sancionado previamente con falta grave pola mesma natureza.

-Fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e mais no trato cos compañeiros e compañeiras de traballo ou con calquera outra persoa ó servicio da Radio Marineda, S.A., ou en relación de traballo con estas.

-Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar deterioracións voluntaria ou neglixentemente en materiais, edificio, pertenzas, moblaxe e documentación da Radio Marineda, S.A., e dous seus traballadores e traballadoras.

-A condena do traballador ou traballadora por delictos dolosos, agás cando a sentencia sexa derivada da invocacións dos dereitos de cláusula de conciencia e do segredo profesional, e maila comisión de actos que produzan resolución xudicial, aínda na vía do penal, que versen sobre actos que afecten á seguridade e ó normal funcionamento da Radio Marineda, S.A. Non terá a consideración de falta a non asistencia ó traballo por mera detención.

-Embriaguez habitual ou toxicomanía que repercuta no desenvolvemento do traballo.

-A alegación de motivos falsos para a obtención de licencias retribuídas ou a simulación de enfermidade ou accidente.

-Realizar traballos particulares durante a xornada e empregar para uso propio útiles ou materiais de Radio Marineda, S.A., desatendendo as súas obrigas.

-Reincidencia en falta grave.

-Aceptar calquera remuneración, comisión ou vantaxe de organismos, empresas ou persoas en relacións co desempeño do servicio.

-O incumprimento grave das normas de seguridade e hixiene no traballo, causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia ou no prestar a todo accidentado o auxilio que estea na súa man.

-Será abuso de autoridade a comisión, por parte dun xefe ou xefa orgánico ou traballador ou traballadora de categoría superior ó afectado, dun acto arbitrario que implique infracción dun precepto legal. O traballador ou traballadora tamén poderá solicita-la iniciación do oportuno expediente nos supostos de abuso de autoridade do persoal directivo.

-O furto e mailo roubo.

-Obstaculiza-lo exercicio das liberdades públicas e os dereitos sindicais.

-O acoso sexual.

31.4. Sancións.

38.4..1. Faltas leves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de un a tres días.

38.4.2. Faltas graves.

-Suspensión de emprego e soldo de 4 a 30 días.

38.4.3. Faltas moi graves.

-Suspensión de emprego e soldo de 31 a 45 días.

-Despedimento.

Artigo 33º.-Cancelación de faltas.

As notas desfavorables por faltas cometidas quedarán canceladas: ós 3 meses as leves, ós 6 meses as graves e ós 12 meses as moi graves.

Artigo 34º.-Intervención en cadea nacional, gravación de cuñas e programas comerciais.

As características da explotación de Radio Marineda, S.A., en tanto teña subscrito contrato de asociación a cadeas de ámbito nacional ou autonómico, obriga os traballadores de tódolos centros de traballo de Radio Marineda, S.A. á prestación dentro da súa xornada laboral de servicios non habituais de participación en programas de índole nacional ou autonómica e á gravación de cuñas comerciais ou de promoción dos programas para a súa emisión nas emisoras de Radio Marineda, S.A., a cadea nacional ou nas emisoras alleas a Radio Marineda, S.A. A compensación económica pola realización dos traballos sinalados está incluída no salario base correspondente a cada traballador, representando ó cinco por cento deste.

Así mesmo, e en tanto Radio Marineda, S.A. teña concertado contrato de asociación especial coas cadeas de ámbito nacional ou autonómico, o persoal comercial e mercadotecnia deberá, en tanto a dirección da empresa o considere conveniente, realizar tarefas de promoción e venda publicitaria da cadea nacional, entendéndose realizadas exclusivamente para Radio Marineda, S.A. A compensación económica pola realización destes traballos de venda figurarán nos contratos dos comerciais fixándose como porcentaxes de participación nestas vendas.

Artigo 35º.-Asistencia xurídica.

Radio Marineda, S.A. estará obrigada a prestar asistencia legal a aqueles traballadores que en calidade de acusados se vexan incursos en procesos penais instruídos por ocasión de accións realizadas no cumprimento das funcións encomendadas por Radio Marineda, S.A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O presente convenio establece un período de tres meses desde o momento do asinamento, para emendar calquera erro ou omisión que na recompilación de disposicións puidesen realizarse.

Segunda.-No non disposto neste convenio observarase o que establece no Estatuto dos traballadores

demais disposicións que resulten de aplicación e obrigado cumprimento.

Terceira.-O estipulado no apartado b) 1º.-Indemnización da axuda de custo para as atencións dos contratos de publicidade, correspondente ós traballadores coa categoría de comercial, será de aplicación a partir do día 1-1-1997. Así mesmo, e con esa mesma data, para os traballadores coa categoría de comercial estableceranse individualmente nos seus contratos de traballo os mínimos de rendemento, as táboas de corretaxe e as causas de rescisión ou extinción do contrato como consecuencia da non obtención dos obxectivos e mínimos marcados neles, segundo se establece no artigo 8º.

ANEXO I

Táboa salarial

Categoría laboralSalario baseI.D.T.I.C.1ºI.C.2ºBruto anual

Redactor xefe108.45022.5601.766.460
Redactor/locutor99.48022.5601.640.880
Auxiliar de redacción90.90022.5601.520.760
Técnico de control e

mantemento

87.00022.5601.466.160
Xefe de administración101.01022.5601.662.300
Oficial administrativo94.00022.5601.564.160
Auxiliar administrativo87.00022.5601.466.160
Xefe comercial108.45030.00022.5802.096.460
Comercial78.90015.00022.5601.517.760

Notas:

I.D.T. = Indemnización de distancia e transporte. Artg. 16.6 a).

I.C.1º = Indemnización de comerciais. Artg. 16.6 b)1º.

I.C.2º = Indemnización de comerciais. Artg. 16.6 b)2º.

Bruto anual = Salario base por 14 pagas + Indemnizacións por 11 pagas.

2389