Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 16 de abril de 1997 Páx. 3.576

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001094/1996 interposto contra a Orde do 18 de xuño de 1996 (DOG do 21) da dita consellería.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/00001094/1996, interposto por Confederación Intersindical Galega contra Orde do 18 de xuño de 1996 (DOG 21-6-1996) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre establecemento de postos de traballo docentes en centros de educación infantil, primaria e secundaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á refe

rida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2905