Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente 318/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións.

A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: secretaría 318/1996.

Denunciado: Bermúdez Castro, José.

DNI: 76.306.318.

Razón social: parrillada La Pampa.

Último enderezo coñecido: Francisco Añón, 25.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 21 de marzo de 1997.

O delegado provincial

Rubricado

2794