Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/147-2-4629 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Cervantes.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, a Cervantes cunha lonxitude de 4.942 metros. L.M.T. derivación a minicentral de Horta cunha lonxitude de 377 metros. L.M.T. derivación a C.T. de Torallo, cunha lonxitude de 256 metros. L.M.T., derivación a minicentral de Castro, cunha lonxitude de 532 metros, realizada en conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios de formigón. Centro de transformación 50 kVA. 20.000/380-220 V ± 2,5% + 5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, para mellora do servicio eléctrico en Cervantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 6 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2643