Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/39-2-4706 A.T.).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., enb urbanización Pontevella.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, cunha lonxitude de 180 metros. Centro de transformación de 630 kVA. Liña de baixa tensión aérea en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x150 Al. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x150 Al, para mellora do servicio eléctrico na urbanización Pontevella, concello de Sarria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 3 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2586