Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., Vigo-Mourillón.
Situación: Láncara.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al cunha lonxitude de 3.948 m, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Vigo-Mourillón, concello de Láncara.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 28 de febreiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2588