Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.547

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativas á celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

O apartado 7 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios do dito complexo hospitalario, nos da Dirección Xeral de Recursos

Humanos e nos da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Provincial do Sergas en Ourense, e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, de conformidade coa seguinte distribución:

* Día 24 de abril de 1997 (lugar: Pazo dos deportes Paco Paz de Ourense, xunto ó recinto feiral Expourense):

Chamamento 11 horas: celador.

Chamamento 16 horas: auxiliar de enfermería, telefonista.

Chamamento 19 horas: ATS/DUE, xestión da función administrativa, traballador social, operario.

* Día 26 de abril de 1997 (lugar: Escola Universitaria de Enfermería do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás):

Chamamento 10 horas: TEL, TER.

Segundo.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro (excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta da convocatoria).

Terceiro.-En uso da facultade outorgada ós tribunais polo apartado 5 da base sexta a) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente cada unha das respostas erróneas, deste xeito:

-ATS/DUE: 0,12 puntos.

-Xestión da función administrativa e traballador social: 0,15 puntos.

-TEL e TER: 0,15 puntos.

-Auxiliar de enfermería: 0,20 puntos.

-Telefonista, celador e operario: 0,15 puntos.

Cuarto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base novena da convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

1802