Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.547

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo subalterno da Administración da Xunta de Galicia, pola que se corrixen erros na do 30 de xaneiro de 1997 pola que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

Advertidos erros nos listados feitos públicos mediante resolución publicada no DOG nº 27, do 10 de febreiro de 1997, que afectan a dous opositores acórdase:

Publica-las correccións de erros das puntuacións atribuídas na fase de concurso que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de lúns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Víctor Manuel Vázquez SeijasJuan Pedrosa Vicente

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

Juan José Novoa Montero

Presidente do tribunal nº 3

2775