Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo minorista a Bahitour, con número XG-169 e casa central na avenida do Fragoso, 6-1º A, de Vigo.

Visto o expediente instruído por instancia de Raquel González Álvarez, na súa calidade de titular, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista.

Resultando que, coa referida solicitude se achegou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 21 de setembro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para a concesión do título-licencia de axencia de viaxes, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co nº XG-169, a Bahitour, con casa central en Vigo, na Avda. do Fragoso, nº 6-1º A, da que é titular Raquel González Álvarez, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Acti

vidades Turísticas da Comunidades Autónoma Galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 21-9-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

2719