Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (51/1990).

En virtude do acordado por providencia do día da data, dictada polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 51/1990, por medio da presente cédula requírese a Jesús Mosquera García, actualmente en ignorado paradoiro, co fin de que no prazo de seis días designe procurador que o represente, ou doutro modo se deducirá a firmeza do auto do 29 de xaneiro de 1993, que declarou a caducidade do presente procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

A secretaria

Rubricado

2146